Esta semana pasada pilleime un par de pedales máis, un é un Chorus e o outro é un Delay, por estricta orde alfabética. Xa había tempo que me andaba rondando a idea de pillar aljúns pedales soltos, hasta ahora todos os efectos que usaban eran do multiefectos (cada cousa ten as súas ventaxas). Teño chejado a usar realmente moitos efectos diferentes que, a verdá, ahora con perspectiva sei que moitos eran totalmente prescindibles. É o que ten ser novato. Espero que non lle causara moitos daños irreversibles a toda a xente que nos vén ver ensaiar ou ós consiertos.
Sempre teño no multiefectos un preset sen ningún efecto, que é o que uso a inmensa maioría do tempo. Deste xeito podo usar o sonido do ampli tal cual, ben sexa limpo ou distorsión, sen alteralo. Chejei a usar en Doomsday Clock casi unha dusia de presets repartidos en 4 bancos (cada banco ten 4 presets, pero non usaba os 4 en cada banco) , e estaban ordenados aljúns en columna e outros en crus, e ademais tiña varios presets baldeiros repartidos para poder volver ao sonido básico do ampli cun máximo de 2 pisotóns. A min paréseme que ten bastante lógica. E como curiosidade deixo caer que teño varios bloques de presets que uso en funsión do que requira a ocasión, e todos teñen como punto de partida un banco acabado no número 3 (o 33, o 23, o 13…).
E aquí creo que xa me vai tocando presentar os pedales, primeiro os que comprei de últimos. Por serto, as fotos están desenfocadas aposta, é un blur do photoshop. Este é o Chorus:
É bastante peleón, sona moi ochentero, pero encontreille un punto que me encanta, moi moi suave pero que lle dá moitísima amplitude. O que vén ahora é o delay:
É rosa, si, é o primeiro que pensa todo o mundo (e o led é morado). Supostamente é un delay analóxico, eu diría máis ben que simula un delay analóxico (non teño nin idea, supóñoo). O xeito no que vai cambiando a señal sejún se vai repetindo dá un rollo moi guai, é coma se lle dera un puntiño de reverb. E bueno, xa que estou presento ao resto da familia. Este é o de Distorsión (eu chámolle o Blackstar, porque é meu e chámolle como quero):
É a miña disotrsión prinsipal actualmente, por varios motivos. Primeiro, é unha distorsión de moitísima calidade, se o pós nun ampli cun limpo xeitoso tés unha distorsión flipante. Sejundo, tén dous canales, polo que é moito máis versátil que o meu ampli. A distorsión do Canal 1 vai desde un limpo roto, pasando por un crunch hasta unha distorsión xa considerable. Ten un carácter máis rockero. O canal 2 vai desde moita distorisón hasta unha salvajada pero define increiblemente ben en todo o recorrido, e para a cantidade de distorsión que genera é moi pouco ruidoso. Este canal ten un carácter máis moderno, máis metalero. Ahora solo uso o canal limpo do ampli. E non pode faltar o multiefectos (a GT8):
Este é o multiefectos, non dijo máis que xa escribín abondo arriba. É moi completo e ten moitas cousas que non uso como a simulación de ampli e as distorsións (teño usado un fuzz). Conectar estes pedales é unha liada, porque a distorsión vai antes do previo e o chorus e delay polo loop; e a gt8 polo medio de todo esto separando os efectos de antes do previo e os de despois. Total, que me fai falta máis de media dusia de jacks para conectar todo. Vou sejir usando a gt8 aínda que teña en pedales o que máis uso, porque senón teño que renunsiar ao afinador, ao extra de volumen para solos (non son moito de solos pero se non o tés bótase en falta), a ese punto de compresión de aljúns limpos, ao noise gate que con tanto cable polo medio non ven nada mal (xa fai tempo que me dei de conta da importansia de ter cables xeitosos), e estas cousas.
Non poño aquí o mítico e inigualable Metal Zone, porque ahora non o uso xa que teño o blackstar, pero é un pedal que me mola moito (imposible de ecualisar, eso si, pero cando o consijes é a caña). Molaríame, a larjo plaso, pillar un Big Muff e un wah (o cry baby de baixo, para min moito mellor que o de jitarra), pero sei que o uso que lle iba dar iba ser moi puntual así que tampouco teño prisa. De momento teño o que máis uso lle dou con diferensia.